Yellow Pixoliñas Yellow Pixoliñas - Na bodega

Somos desrtores
Da patria e do rei.
Estamos na bodega,
Hai moito de beber.
Saímos polas noites
De duas a tres
E matamos enemigos
E ós amigos tamén

E non temos bandeira
Nin himno nacional,
Pero temos moito viño
E augardente artesanal

Debe haber guerra fora:
Síntese disparar.
Bota viño, Manolo,
¡haino que celebrar!
A ver se morren todos
E nos deixan en paz,
Que na bodega tanto tempo
Ímonos emborrachar

Se che dicen que estou morto
Non chores por min,
Que eiquí non nos encontra
Nin a guardia civil
Somos desertores
Da patria e do rei.
Estamos na bodega,
¡hai moito que beber!